CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello propón un taller de hamas beads no marco do programa In Fene
21-01-2015
O Concello de Fene invita a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos a participar este venres, 23 de xaneiro, nunha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña.Celebraráse no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. E, nesta ocasión, o Concello propón aos rapaces achegarse á técnica do arte con “hamas beads”, minúsculos elementos de plástico de todas as cores e diferentes tamaños cos que, sobre unha base, se poden crear innumerables figuriñas.
No marco deste programa, o Concello invitará aos nenos a construir, entre todos, o logo de “In Fene”. A participación é completamente gratuíta