Fene conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha sesión multitudinaria de zumba
22-01-2015
Máis de 315.000 persoas reciben apoio emocional cada ano en hospitais, residencias de acollida e domicilios; 15.000 apoio psicolóxico; 3.000 foron atendidas en unidades de coidados paliativos. Son algunhas das cifras que, cada ano, fai posible a Asociación Española contra o Cancro (AECC). Cifras tras as que se esconden persoas. Nenos, maiores, nais, pais… a enfermidade non fai distincións. Baixo o lema “Se cres que estás so non nos coñeces”, a asociación conmemorará este ano o Día Mundial contra o Cancro. Unha data para a sensibilización e información que, en Fene, está marcada no calendario para o domingo 1 de febreiro. Nesa xornada, e coa colaboración do Concello, a delegación da AECC en Ferrol amosará no pavillón polideportivo de A Xunqueira, en San Valentín, que ese lema é unha realidade. Será a partires das 11 horas, a través de mesas informativas nas que o público poderá coñecer os programas de axuda e apoio asistencial a enfermos e familias; os plans de investigación e avances en diagnóstico precoz ou as campañas informativas desplegadas.Xunto á información, nenos e maiores poderán participar nunha actractiva actividade, moi de moda na actualidade, como é a zumba. Entre as 11,30 e as 13 horas celebraráse unha master class a cargo dun grupo de mestras colaboradoras e, os máis pequenos da casa, poderán participar tamén noutras actividades lúdicas previstas pola organización.
A entrada ao evento está fixada en dous euros, aínda que os nenos poderán acceder ao recinto municipal gratuitamente. Así mesmo, a delegación da AECC en Ferrol (rúa Real,6, 1º dcha.) avanza que porán á venda camisetas conmemorativas cuxa recadación, ao igual que a da entrada, se destinará integramente a soster a actividade da asociación na súa loita contra o cancro.