CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Floristería Azalea, Cafetería Fussion e Pastelería Martínez, gañadores do Concurso de Decoración Navideña organizado polo Concello de Fene
27-01-2015
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu o pasado venres no salón de plenos o acto de entrega dos premios aos gañadores da segunda edición do Concurso de Decoración Navideña no comercio e máis a hostelería de Fene organizado pola Concellería de Promoción Económica. A Floristería Azalea, na categoría de comercio; a cafetería Fussion, na de hostelería, e a Pastelería Martínez, no apartado de panaderías, pastelerías, librerías e kioskos, foron os establecementos que venceron na votación popular realizada no marco do certame. E é que foron os clientes os que decidiron os mellores escaparates, contabilizándose ata 1.368 votos durante o periodo navideño. O concelleiro de área, Juan José Franco, presente no acto destacaba precisamente a alta participación e agradecía a implicación dos negocios na iniciativa.No transcurso do acto, tamén se celebraron diferentes sorteos de agasallos entre os clientes que participaron no concurso. Os premios en xogo foron tres vales de 20 euros cada un para consumir nos locais adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” (por cortesía de dita asociación); dez lotes consistentes nunha edición Navideña de Estrella Galicia (que cede esta firma galega), e dous lotes de productos que achega Meigas Fora. Este xoves, ás 10,30 en Alcaldía, faráse entrega dos premios sorteados entre os clientes e aos responsables dos establecementos gañadores que, por causa maior, non puideron asistir o pasado venres.