CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
O Servizo de Orientación Laboral de Fene informa da apertura do prazo de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil
28-01-2015
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa da apertura do prazo de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Galega. Trátase dun requisito imprescindible para participar a partir dagora en diferentes programas como as Escolas Obradoiro ou na convocatoria de prácticas non laborais en empresas. O procedemento é telemático, no seguinte enderezo: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.htmlPoden ser beneficiarios os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos: Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español; ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude; non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude; non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude; presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 25 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na Emprendimiento Joven aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que os mozos e mozas menores de 25 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar desempregados/as.
Dende o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene estáse a disposición da veciñanza nas dependencias municipais, no teléfono 981 492 767 ou no enderezo orientacion.laboral@fene.es para ofrecer máis información ao respecto.