Charla sobre nutrición deportiva o domingo na Aula da Concellería de Deportes

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Charla sobre nutrición deportiva o domingo na Aula da Concellería de Deportes

O Club de Fútbol Sala feminino Ártabras Fene, coa colaboración da Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene, celebrará o próximo domingo, 8 de febreiro, a charla: "Nutrición deportiva e triada feminina (alimentación, menstruación e lesións)”. Terá lugar na Aula da Concellería de Deportes (Avenida Naturais, 44, Entrechán), entre as 11 e as 13 horas.
Estará impartida por Camilo Prieto Rivas, recoñecido profesional con ampla formación e experiencia, e abordará a nutrición deportiva en xeral, aínda que centrándose na casuística das mulleres deportistas, buscando concienciar da importancia de levar unha alimentación sa para minimizar o risco de lesións e analizar a menstruación e a súa incidencia nas lesións.
A charla está dirixida a deportistas, familiares destes, adestradores e preparadores físicos (sobre todo, de equipos femininos). A entrada é gratuita e inclúese no ciclo de conferencias que se veñen impartindo un domingo ao mes dende o comezo da tempada.