O Concello de Fene pon en marcha o sistema de facturación electrónica

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello de Fene pon en marcha o sistema de facturación electrónica

Na práctica, o concelleiro de Facenda, Juan José Franco, informa de que todos os proveedores deberán facturar, a partir dagora, electrónicamente e presentar a factura a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas. Informa tamén que quedan excluídos da obriga as facturas cun importe de ata 5.000 euros (IVE incluido), sen perxuízo de que estas conteñan todos os datos e información requeridos con carácter xeral.
En todo caso, o edil sinala que na plataforma FACe atópase toda a información necesaria para que os proveedores remitan as súas facturas electrónicas e realicen o seguimento da súa tramitación, así como que no directorio de Organismos adheridos está o Concello de Fene.
Os códigos de identificación do Concello para a tramitación de facturas electrónicas, son:
Oficina contable 
LA0003030 UNIDADE DE INTERVENCIÓN E CONTROLOrgano xestor
LA0003033 ALCALDIAUnidade Tramitadora
LA0003030 UNIDADE DE INTERVENCION E CONTROL