CONCELLERÍA DE OBRAS
O Concello executa obras de mellora no parque que une o peirao de Barallobre e Maniños
03-02-2015
Traballos que executan operarios municipais e que se prevé rematen ao longo do mes de febreiro. Segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, as tarefas consisten na reposición de adoquíns e lousas en mal estado e na reposición da madeira deteriorada no mobiliario urbano, como bancos.Trátase dunha zona moi concorrida para a estancia, na que se ubica tamén un parque biosaudable. A intención do Concello é subsanar as deficiencias que, o paso do tempo, foi provocando na zona.