Escolares do colexio Jorge Juan coñecen o traballo do servizo municipal de limpeza
05-02-2015
Operarios do servizo municipal de limpeza desprazáronse onte pola mañá ao colexio Jorge Juan de Perlío cos seus equipos de traballo para mostrarlles aos nenos e nenas do centro o seu día a día. A actividade formaba parte do programa educativo do colexio, xa que os alumnos e alumnas están a estudar profesións vinculadas coa rúa. E, neste caso, viron en directo o traballo dos operarios municipais. No transcurso da demostración, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, realizou unha visita ás instalacións en compañía dos concelleiros de Servizos Sociais, Juana Barro; Obras, Alejandro Dopico, e Servizos, Andrés Serantes, responsable este último da área na que se inscribe o servizo municipal de limpezaAlí, o equipo de traballadores desprazou as súas barredoras, os carros e, tamén, o camión de recollida do lixo. E, alí, uns 130 nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Infantil comprobaron o seu funcionamento.