CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
Últimos días para inscribirse no desfile de comparsas que organiza o Concello de Fene
06-02-2015
A concelleira de Cultura e Deportes, Rocío Bértoa, lembrou esta mañá que o prazo para inscribirse no desfile e festival de comparsas que organiza o Concello de Fene remata este luns, 9 de febreiro. Ata o momento, son oito as formacións anotadas. Así mesmo, a edil avanza que o xoves, 12 de febreiro, celebraráse unha xuntanza entre todas as comparsas para abordar temas relacionados coas actividades previstas. Será ás 20 horas, na Aula de Xuntas do Departamento municipal de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44). Rocío Bértoa destacou que o Concello repartirá 4.500 euros entre as comparsas que participen nos actos municipais organizados no marco do Entroido 2015 e explicou que o acto central terá lugar o mércores 18 de febreiro, festivo local en Fene. A rúa Cádavo será o punto de encontro das comparsas participantes, que partirán en desfile polas principais vías do municipio para amenizar a festa coas súas letras, ironía e disfraces. O seu destino será a praza do Concello, onde se celebrará o Festival. E, a continuación, o Concello ten previsto un gran baile coa orquestra Aché.Para anotarse e optar ás subvencións, é preciso presentar a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres entre as 8,30 e as 14 horas ou os sábados de 9,30 a 13,30 horas. Amáis, deberán entregar copias das cancións no departamento municipal de Cultura. As bases que rexen as axudas poden consultarse na web municipal www.fenecidadan.net.