O Concello acolleu o acto de entrega da recadación do Mercado Benéfico de Fene ás diferentes entidades sociais

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello acolleu o acto de entrega da recadación do Mercado Benéfico de Fene ás diferentes entidades sociais

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu o pasado venres o acto de entrega da recadación do I Mercado Benéfico organizado o pasado mes de decembro polo Concello, a través da Concellería de Promoción Económica, e as entidades Por+Vida e Asotrame. Celebrouse no salón de plenos e as entidades destinatarias foron Cáritas Fene, Cociña Económica, Arraigo, e as propias coorganizadoras Asotrame e Por+Vida. Así mesmo, o edil de área, Juan José Franco, informou de que a recadación lograda ascendeu a 2.329,33 euros. Recordou neste sentido que o público asistente tiña á súa disposición urnas cos nomes das asociacións, así como que distintas entidades veciñais do municipio colaboraron en gran medida preparando alimentos –sobre todo postres- cuxa venta destinaron íntegramente a ese fondo solidario.
Por isto, o concelleiro agradeceu especialmente a implicación e axuda da AVV de Sillobre, a AVV San Xurxo de Magalofes, a ACDR Liga de Amigos de Barallobre, a AVV Santo Samarco de Sillobre e o CCRD de Perlío. Precisamente, os destinatarios dos fondos reunidos foron seleccionados polas propias asociacións.