O desfile de comparsas de Fene contará coa participación de 15 agrupacións

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O desfile de comparsas de Fene contará coa participación de 15 agrupacións

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que, finalmente, foron 15 as comparsas que se inscribiron nos actos de Entroido organizados polo Concello de Fene. Programación municipal que arrincará o martes 17 cunha gran festa infantil na praza do Concello. Dará comezo ás cinco e media do serán, amenizada polo grupo Nueva Onda e incluirá a degustación de lambetadas para os máis pequenos da casa. Ao día seguinte, mércores 18, festivo local, celebraráse dende as cinco e media da tarde o desfile e festival de comparsas, así como unha verbena nocturna coa orquestra Aché.
Precisamente, mañá xoves, 12 de febreiro, a edil reuniráse coas comparsas inscritas, das que catro son de Fene, para perfilar os detalles da xornada. Un encontro que terá lugar na Aula de Xuntas do Departamento Municipal de Cultura a partir das 20 horas.
Cabe lembrar que este ano o Concello repartirá 4.500 euros entre as comparsas inscritas nos actos. Será do seguinte xeito: 900 euros a partes iguais entre as comparsas de adultos de Fene; 300 entre as comparsas infantís; 1.320 euros a partes iguais entre todas as comparsas de adultos participantes; 660 entre todas as que estén integradas por máis de 15 membros adultos que suban ao escenario a actuar, e 1.320 euros entre todas as comparsas a criterio do xurado e en base á temática, a vestimenta e a posta en escea de cada unha delas.
Doutra banda, o Concello informa de que, por mor do Entroido, produciránse cambios no horario da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal Pérez Parallé e Museo do Humor. Así, o sábado 14 e o mércores 18 (festivo local) permanecerán pechadas, e o luns 16 e o martes 17, o horario será de 10 a 14,15 horas.