CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello centra no Entroido a nova sesión do programa de ocio xuvenil In Fene
12-02-2015
O Concello de Fene invita a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos a participar este venres, 13 de febreiro, nunha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña.Celebraráse no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. E, nesta ocasión, o Concello centrará a sesión no Entroido. Haberá un concurso de disfraces, un obradoiro de máscaras e complementos e o xogo do Entroido galego.