O Concello realiza traballos de desbroce no acceso ao Miradoiro da fervenza do Belelle

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello realiza traballos de desbroce no acceso ao Miradoiro da fervenza do Belelle

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do remate das intervencións incluidas no plan integral de acondicionamento e limpeza de lavadoiros e fontes públicas do termo municipal. Ao abeiro do mesmo, realizáronse traballos de desbroce e limpeza nun total de 58 infraestructuras deste tipo. Comezaban a comezos de xaneiro e, en pouco máis de mes e medio, concluían as tarefas. Deste xeito, o rexidor avanzou que, acto seguido, o Concello levará a cabo traballos de desbroce no camiño de acceso ao Mirador da fervenza do Belelle, unha ruta moi transitada polos senderistas e que une a parroquia nedense de Viladonelle e o Alto de Marraxón.Actuaráse nun tramo duns 150 metros e, as previsións do departamento municipal de Servizos, contemplan que os traballos estén rematados esa mesma semana, se o tempo acompaña