Concello e asociacións consensúan o calendario de actividades para o 2015

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Concello e asociacións consensúan o calendario de actividades para o 2015

Concello e movemento asociativo celebraron a pasada semana a última das reunións programadas para consensuar o calendario de actividades deste 2015. As xuntanzas véñense realizando para evitar que coincidan actos, eventos ou iniciativas nunha mesma data, co que restaría afluencia ás correspondentes citas. Deste xeito, as asociacións e o Concello expuxeron o seu programa anual e tentaron chegar a acordos para, finalmente, elaborar ese calendario anual que a Concellería de Promoción Económica editará baixo a denominación Guía de Ocio de Fene.
Precisamente, o edil de área avanzou que esta programación daráse a coñecer a última semana de febreiro, coa asistencia das asociacións, nun acto aberto á veciñanza.