O alcalde presidiu a recepción institucional a Rubén Gandoy, vixente campión galego de Slalom
19-02-2015
O acto tivo lugar no salón de plenos, o pasado venres, e contou coa asistencia de membros da corporación municipal e veciños da localidade. No mesmo, o rexidor destacou os méritos deportivos de Rubén Gandoy, que puxo como exemplo para a mocidade pola súa capacidade de sacrificio e esforzo. Lembrou que, precisamente en Fene, a súa casa, lograba o campeonato o pasado mes de decembro, na última proba do calendario, que organiza o Concello e a Escudería Scratch Fene.Por último, Gumersindo Galego desexoulle moitos éxitos na súa carreira deportiva e agradeceulle que leve o nome de Fene por toda a xeografía estatal. O acto pechouse coa entrega, por parte do alcalde, dunha placa conmemorativa do acto ao deportista fenés.