CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes
20-02-2015
O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Juana Barro, invita a veciños e veciñas a asistir á xuntanza do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes que se celebrará o próximo martes, 24 de febreiro, baixo o título “Cales son as necesidades dos coidadores: a importancia dos autocoidados”. Unha sesión que dará comezo ás 16,30 horas e se prolongará por espazo de 90 minutos no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, bloque I, baixo, San Valentín).A edil apunta que o Grupo de Apoio a Familias pretende converterse nun espazo para compartir experiencias, sentimentos e dúbidas. Na sesión do martes abordaránse as necesidades dos coidadores, moitas veces desapercibidas xa que se centran no coidado da persoa dependente. Por isto, é importante facelos conscientes das mesmas e ademáis aprender a priorizar á hora de satisfacelas. Para asistir non é preciso inscripción previa.
En paralelo, no mesmo Centro de Servizos Sociais e á mesma hora, celebraráse unha nova sesión do obradoiro Recuperación memoria, pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. Por iso, os participantes pasan unha proba previa para valorar o seu estado e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. As accións están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención, así como retrasar a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. As sesións celébranse todos os martes, de 16,30 a 18 horas, con participación gratuíta previa inscripción no departamento municipal de Servizos Sociais.
Nesta liña, Juana Barro subliña que tanto o Grupo de Apoio a Familias como os obradoiros Recuperación Memoria inclúense no programa de envellecemento activo Tardes Activas, que organiza o Concello coa colaboración económica da Deputación.