O Concello de Fene inicia un curso formativo centrado en Estructuras metálicas

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello de Fene inicia un curso formativo centrado en Estructuras metálicas

A Nave de Formación de Magalofes do Concello de Fene acolle, dende o pasado luns, un curso centrado en Estructuras metálicas no que participan 18 persoas en situación de desemprego do propio Concello e, tamén, dos municipios de Ares, Neda, Mugardos, Pontedeume e Cabanas. O alcalde, Gumersindo Galego, inauguraba a acción formativa en compañía do concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, e lembraba que esta dá continuidade a un curso celebrado o pasado ano no municipio. En ambos casos, forman parte da Rede Xiana, que promove a Deputación provincial da Coruña e Fene exerce como centro sede.
O curso consta de 600 horas de formación teórica, que se impartirán na citada Nave de Formación ubicada en Magalofes, e outras 200 horas de prácticas en empresas. O horario será de mañá, entre as 9 e as 14,30 horas, e con el se busca mellorar a capacitación dos participantes de cara a facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
Doutra banda, o edil Juan José Franco avanzou tamén que o Concello vén de solicitar unha nova acción formativa. Neste caso, presentou o proxecto ante a Xunta de Galicia: un curso de ebanistería de 860 horas dirixido a persoas en situación de desemprego que constará de fase práctica e teórica