Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre no Concello de Fene

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre no Concello de Fene

O Concello de Fene acollerá a celebración dun Curso oficial de Monitor de Actividades de Tempo Libre, cuxo título está expedido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Organizado pola Escola de Tempo Libre Tempus, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Deportes que dirixe Rocío Bértoa mediante a cesión das instalacións onde se desenvolverá a acción formativa (a aula de cursos –Avda. Naturais, 44, entrechán-).
Dará comezo a mediados de marzo e as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse no correo tempusnaron@gmail.com. O grupo mínimo será de 15 persoas e o máximo de 25 e as reservas se realizarán por orde de inscrición. Esta acción formativa consta de dúas fases: a primeira de 200 horas teórico-prácticas a celebrar sábados e domingos e a segunda, a realizar unha vez superada a primeira, de 150 horas de prácticas.
Os módulos do curso enfócanse directamente cara aos contidos prácticos, tanto os que pola súa propia natureza teñen este carácter (animación, animación deportiva, dramatización, artesanía, aire libre, primeiros auxilios...) como outros que requiren algo máis de contido teórico (educación ambiental, psicoloxía, socioloxía, lexislación ...).Ademáis da titulación Oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude, expediráse a cada alumno o título de manipulador de alimentos, cuxo contido vai incluído no temario.
Descontos para os veciños de Fene
O prezo do curso é de 217 euros, pero realizaráse un desconto do 10% ás persoas que teñan o carné xove, ou á veciñanza de Fene. Nestes casos, o prezo queda en 195 euros. Tempus pon a disposición dos interesados os seguintes teléfonos: 657 926 913 - 616 890 418, ou o correo electrónico tempusnaron@gmail.com.