A AVV de Magalofes entrega á Cociña Económica a recadación da venda de postres no I Mercado Solidario de Fene

AVV MAGALOFES

A AVV de Magalofes entrega á Cociña Económica a recadación da venda de postres no I Mercado Solidario de Fene

A Asociación de Veciños de Magalofes, acompañados do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, fixo entrega onte pola mañá á Cociña Económica da recadación acadada pola entidade no marco do I Mercado Solidario Un Nadal para Todos que organizou o Concello nomes de decembro xunto a Asotrame e Por+Vida. Os representantes da directiva entregaron 326,31 euros, cifra que resultou da venda de freixós que levou a cabo a asociación veciñal, participante no evento solidario. Precisamente, foi a propia entidade a que decidiu o destino dos fondos recadados que, finalmente, recaeron na Cociña Económica, cuxa importante labor destacaron.