CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Selección, convocatoria e nomeamento de tribunal para un proceso selectivo: bibliotecario/arquiveiro
27-02-2015
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo II e dirixiranse ó alcalde da Corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo II, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
– Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade, ou pasaporte.
– Copia compulsada do título que acredita como requisito mínimo para acceder ó proceso selectivo.
– De ser o caso, copia compulsada do CELGA 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde, mediante resolución, aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que será exposta no taboleiro de edictos do concello e publicada na páxina web do concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa da súa exclusión. Os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles para a subsanación, no seu caso, das deficiencias que se sinalen. Estas subsanacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do concello e na que incluirase a composición do tribunal -de non terse designado nun momento anterior- e o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio.
Contra a resolución na que se declare a lista definitiva de admitidos e excluídos, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o Órgano que ditou o acto, ou directamente recurso de contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdición Contenciosa-Administrativa, contados a partir do seguinte ó da publicación no taboleiro de edictos e na páxina web do concello.
O resto das resolucións serán expostas no taboleiro de edictos e publicadas na páxina web do concello.