CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O Concello programa a exposición de humor gráfico "Magola, 20 años sin pelos en la lengua"
27-02-2015
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá a próxima exposición que acollerá a Casa da Cultura. Leva por título "Magola 20 años sin pelos en la lengua", unha mostra de humor gráfico, de tiras cómicas do personaxe Magola, creado por Nani Mosquera hai vinte anos e que, dende entón, se publica a diario no xornal El Espectador de Colombia. Abriráse ao público este luns, 2 de marzo, a partires das 20 horas. A partir de entón, permanecerá a disposición do público ata o día 31. O horario de visitas será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas. Os sábados, de 10 a 13.Trátase da tira colombiana máis internacional e ten sido publicada en varios países ao mesmo tempo, entre os que se atopa España, así como México, Estados Unidos e Arxentina, entre outros. Magola é o personaxe estrela de Nani Mosquera e a súa mensaxe non é outra que o da equidade de xénero, a defensa dos dereitos das mulleres e os nenos e incluso dos traballadores inmigrantes. Por iso, foi utilizada como imaxe de ONG`s tan importantes como a Cruz Vermella española ou arxentina.