CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O Concello de Fene habilita na Biblioteca Municipal o Espazo Rosalía
27-02-2015
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, invitou esta mañá a nenos e maiores a achegarse á Biblioteca Municipal e coñecer o Espazo Rosalía, creado co gallo do 178 aniversario do nacemento da poetisa galega. Está integrado por unha selección das obras de Rosalía de Castro procedentes do fondo bibliográfico do Concello e van dirixidas tanto ao público adulto como infantil.A edil Rocío Bértoa explicou que os veciños e veciñas non só poderán consultar a obra de Rosalía na propia Biblioteca, senón que tamén poderán levalas en préstamo. E, ao fío, a concelleira animou tamén aos feneses que aínda non sexan socios a facelo, ao tempo que lembrou que o trámite é completamente gratuíto.