CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
O Concello convoca o I Concurso de Carteis "Encontro de Lavandeiras de Sillobre"
02-03-2015
O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, vén de convocar a primeira edición do Concurso de Carteis “Encontro de Lavandeiras de Sillobre”. O concelleiro de área, Juan José Franco, explicou que a obra gañadora anunciará o certame que, por segundo ano consecutivo, organizará o Concello.Engadía que o prazo se abría hoxe e que as persoas interesadas en presentar os seus traballos poderán facelo ata o 10 de abril. Hai dúas formas: no Rexistro Xeral ou por correo certificado (facendo constar como destinatario a Concellería de Promoción Económica). Nesta liña, o edil engadía que as bases do concurso poden consultarse na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).
En todo caso, Juan José Franco apuntou que cada participante tan só poderá presentar un traballo e que este deberá ir asinado con pseudónimo. O xurado estará presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e como vogais actuarán un representante da Asociación Cultural Ti e Máis Eu Teatro; da Asociación Cultural Mesturas e da AVV de San Ramón de Sillobre. Con voz pero sen voto, tamén formará parte do xurado a axente de Emprego do Concello.
Ademáis de que a obra anuncie o Encontro de Lavandeiras, o gañador terá a posibilidade de expor as súas creacións nas dependencias municipais, sen perxuízo de que tamén se celebre unha mostra colectiva cos traballos presentados ao certame.