CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
Lectura "Fene Lendo Mulleres" e o recoñecemento ás veciñas que contribuíron a escribir a historia de Fene
04-03-2015
Os actos terán lugar este venres 6 de marzo, mañá e tarde, na Casa da Cultura.O Concello de Fene conmemorará o Día Internacional da Muller este venres cun Maratón de Lectura de obras escritas por mulleres a cargo de escolares do municipio e unha Mesa redonda na que participarán veciñas do municipio que, ao longo da súa vida, contribuiron a escribir a historia de Fene. A concelleira de Igualdade, Juana Barro, explicou que, con estes actos, preténdese dar a coñecer e homenaxear o papel das mulleres de Fene na construcción dunha sociedade mellor.
Así, e a partires das 9 horas, o alcalde, Gumersindo Galego, será o encargado de inaugurar no Salón de Actos da Casa da Cultura a XV edición do Maratón de Lectura “Fene, Lendo Mulleres”. No acto, estará acompañado da concelleira de área, e nel se procederá á lectura do Manifesto do 8 de marzo, elaborado este ano polo alumnado dos centros escolares, quenes a través de frases manifestan e proclaman os seus desexos de Igualdade. A partires de entón e ata as 14 horas, procederáse á lectura ininterrumpida de textos escritos por mulleres ou que tratan o tema da igualdade a cargo do alumnado dos centros escolares de Fene e do Centro ocupacional de ASPANEPS en Fene, traballados previamente en aula.
Xa pola tarde, as 19 horas, e no mesmo escenario, o Concello organiza a Mesa redonda “Recoñecemento ás mulleres da Historia galega”. Un acto de recoñecemento á forza e á loita de mulleres veciñas de Fene, que falarán sobre o seu “camiño percorrido”; cargado de vivencias e marcado polas diferentes etapas sociais e políticas da historia do país. Os recordos da infancia, a evolución das súas vidas e os logros conseguidos, son dignos de recoñecemento para estas valentes rapazas, hoxe mulleres, que escribiron historia e merecen que a súa voz sexa escoitada. Participarán no mesmo: Flora Dorado (de Perlío);
María do Carmen Hermida (San Valentín); Olimpia Barcia (Fene); Fina Allegue (Sillobre);Carmen Calvo (Sillobre) e Marina Seco Padín (Sillobre). Por último, alcalde e concelleira invitan á veciñanza a tomar parte nos actos e acudir este venres á Casa da Cultura.