CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Fene, Ares e Cabanas únense para solicitar á Xunta novos plans de emprego e formación
05-03-2015
O Concello de Fene vén de presentar, xunto aos concellos de Ares e Cabanas, os proxectos para acoller catro cursos formativos destinados á mocidade.Unha vez máis, os tres municipios suman forzas e preséntanse conxuntamente á convocatoria aberta pola Consellería de Traballo e Benestar. Neste caso, a subvención solicitada céntrase no fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación, tendentes a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil . De ahí, a importancia de inscribirse no citado ficheiro, xa que é requisito imprescindible para participar nas accións.
Deste xeito, as especialidades que se solicitan son: Fabricación e montaxe de instalación se tubería industrial, que se impartiría en Fene e ofertaríanse doce prazas; Pintura decorativa en construcción, tamén en Fene e co mesmo número de prazas ofertadas; Atención sociosanitaria a personas dependentes en institucións sociais, neste caso o centro de formación ubicaríase en Ares e o cupo abriríase para doce alumnos, e Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que se celebraría en Cabanas coa participación de doce mozos.
O importe da subvención solicitada para a realización das accións ascende a 405.856,62 euros.