O Concello dotará de aire acondicionado ás instalacións da Biblioteca Municipal

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello dotará de aire acondicionado ás instalacións da Biblioteca Municipal

O alcalde, Gumersindo Galego, anunciou esta mañá que o Concello iniciará nas próximas semanas as obras de instalación dos equipos de aire acondicionado adquiridos recentemente para a Biblioteca Municipal. Unha actuación que, segundo explicou o rexidor, conta cun orzamento de 4.459,53 euros e un obxectivo moi claro: facilitar o estudo e a estancia dos usuarios destas instalacións culturais nos meses de bo tempo, xa que a propia estructura do edificio provoca que, cando os termómetros marcan temperaturas altas, ese efecto se amplifique.Esta intervención vense a sumar a outras levadas a cabo na presente lexislatura, como a instalación de novo mobiliario para a Biblioteca e as reparacións puntuais que se facían necesarias.
A dotación de equipos de aire acondicionado financiaráse ao 100% cunha achega procedente da Deputación provincial da Coruña, que deu o seu visto bo ao proxecto presentado pola Concellería de Cultura e Deportes.