O Concello constrúe unha rampa de acceso á capilla do cemiterio para facilitar a accesibilidade

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello constrúe unha rampa de acceso á capilla do cemiterio para facilitar a accesibilidade

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello está a construír unha rampa de acceso á capilla do cemiterio municipal. Operarios iniciaron os traballos hai uns días e, se se mantén o bo tempo, prevén concluílos a próxima semana. A intervención contempla anular as escaleiras e habilitar unha rampa en toda a entrada. Precisamente o rexidor sinalaba que o obxectivo principal da intervención é facilitar a accesibilidade ao recinto, especialmente das persoas maiores e tamén daquelas con problemas de mobilidade.Así mesmo, sen abandoar o camposanto, o Concello lembra que mantén o prazo aberto para que os veciños e veciñas interesados en adquirir nichos trasladen esas peticións. O modo de facelo é sinxelo. Tanto como comunicalo por escrito no Rexistro Xeral de entrada da casa consistorial. De luns a venres, de 8,30 a 14 horas e sábados de 9,30 a 13,30 horas. En todo caso, o rexidor explicou que dita comunicación non implica a adquisición de ningún compromiso para as partes interesadas –Concello e persoas que pretendan a concesión de novos nichos-. Dependerá en todo caso do número que se reciban para plantear así a construcción desa nova fase de nichos.
Unha vez rematen estes traballos, o alcalde avanzou que os operarios desplazaránse ata a antiga escola de Chamoso, actual sede da Asociación de Amas de Casa do municipio. Alí tamén construirán unha rampa con idéntica intención, respondendo a unha petición da propia entidade. Neste caso, compatibilizaránse escaleiras e rampa e procederáse á reparación do muro contiguo.
Doutra banda, Gumersindo Galego adiantou que a próxima semana retomaránse as labores de reparación e acondicionamento dos pasos elevados se, como estes días,  las condicións climatolóxicas son favorables.