Concello e asociacións invitan á veciñanza á presentación da II Guía de Ocio de Fene

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Concello e asociacións invitan á veciñanza á presentación da II Guía de Ocio de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá este sábado, 7 de marzo, o acto de presentación da segunda Guía de Ocio Concello de Fene. Será a partires das 12 horas na Casa da Cultura. No mesmo, estará acompañado do concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, cuxo departamento edita a publicación, e por representantes de todas as entidades que participan da mesma. Serán eles os que, un a un, vaian presentando as súas actividades e eventos. A entrada é libre e gratuíta e o rexidor anima á veciñanza a acudir para coñecer en primeira persoa todos os actos que terán lugar ao longo 2015 no seu municipio. Ao remate do acto, serviráse unha copa de viño para os asistentes e poderán desfrutar da actuación do grupo de mozos feneses “A Hada e o Delfo do Cádavo”.Nesta liña, o alcalde destacou que, por primeira vez, as asociacións e entidades, xunto ao Concello, coordinaron a súa programación. Foi ao longo dunha serie de xuntanzas promovidas pola Concellería de Promoción Económica. O obxectivo, engade o edil Juan José Franco, era evitar contraprogramacións e deste xeito restar afluencia aos actos. Deste xeito, a publicación, da que o Concello editará 3.000 exemplares, recopila todos e cada un dos actos que se celebrarán cada mes –partindo, claro está, de marzo-, coa súa respectiva data, lugar de celebración, entidade impulsora… Xunto a estes, tamén se plasma toda a programación deseñada polos distintos departamentos municipais. A publicación distribuiráse tanto nas dependencias municipais como nos locais e sedes das entidades.