Fene leu ás mulleres e reivindicou o papel das veciñas que axudaron a construír o municipio no Día Internacional da Muller

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Fene leu ás mulleres e reivindicou o papel das veciñas que axudaron a construír o municipio no Día Internacional da Muller

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, inaugurou o pasado venres, xunto á concelleira de Igualdade, Juana Barro, o Maratón de Lectura “Fene Lendo Mulleres”. Un maratón, celebrado no Salón de Actos da Casa da Cultura, no que tomaron parte escolares dos centros de ensino do municipio durante toda a mañá, dende as 9.
Xa pola tarde, as 19 horas, e no mesmo escenario, o Concello organizaba a Mesa redonda “Recoñecemento ás mulleres da Historia galega”. Un acto de recoñecemento á forza e á loita de mulleres veciñas de Fene, que falaron sobre o seu “camiño percorrido”; cargado de vivencias e marcado polas diferentes etapas sociais e políticas da historia do país. Os recordos da infancia, a evolución das súas vidas e os logros conseguidos, son dignos de recoñecemento para estas valentes rapazas, hoxe mulleres, que escribiron historia e merecen que a súa voz sexa escoitada. Participaron no mesmo: Flora Dorado (de Perlío); María do Carmen Hermida (San Valentín); Olimpia Barcia (Fene); Fina Allegue (Sillobre); Carmen Calvo (Sillobre) e Marina Seco Padín (Sillobre).