O Concello inicia este luns a pavimentación da rúa Eduardo Neira

CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS

O Concello inicia este luns a pavimentación da rúa Eduardo Neira

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello inicia este luns, 9 de marzo, as obras de pavimentación da rúa Eduardo Neira, emprazada na parroquia de Perlío. Os traballos contan cun orzamento cercano aos 12.000 euros e permitirán acondicionar o vial, cunha lonxitude superior aos 110 metros.
Contémplase o aglomerado en quente e traballos de sinalización horizontal e vertical.
 Como consecuencia das obras, a Policía Local de Fene informa de que o luns quedará prohibido estacionar nesta rúa dende as 00.00 horas ata o remate dos traballos. A Policía Local explica que poderán ser denunciados os vehículos que se atopen estacionados no lugar e retirados polo servizo de guindastre.