O Concello propón á veciñanza adestramento personalizados con "Running para Tod@s"

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello propón á veciñanza adestramento personalizados con "Running para Tod@s"

A concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, presentou en rolda de prensa un dos programas máis vangardistas dos últimos meses: “Running para Tod@s”. Un programa adaptado a cada un das persoas participantes no que as novas tecnoloxías xogan un papel fundamental. Nesta liña, Rocío Bértoa explicou que, a través de “Running para todos”, o Concello ofrecerá a preparación de adestramentos personalizados adecuados ás súas inquedanzas. Dende mantenemento físico ata competición amateur. E, o máis novidoso do sistema, é que se fará a través dunha páxina web creada ao efecto, cunha zona de login e contrasinais personalizados para cada usuario/a, onde se almacenará a información persoal, resultados de test físicose/ou médicos, e de onde se descargarán os adestramentos persoais. Trátase, en palabras da edil, dunha aposta firme do Concello de Fene por favorecer a práctica deportiva entre os veciños e veciñas. Os interesados  e interesadas en participar poderán inscribirse dende xa. O programa comezará o 23 de marzo e extenderáse ata o 26 de xuño, tempo no que a matrícula, que deberá realizarse no Pavillón Municipal de San Valentín, permanecerá aberta. A cuota, nun pago único, é de 21,95 euros e con ela tense acceso xa a unha planificación personalizada do entrenamento.
No marco do programa, Rocío Bértoa explicou que se organizarán obradoiros e charlas coa participación de médicos deportivos, podólogos, fisiólogos... que informen das características do adestramento de resistencia aeróbica, das súas vantaxes e das precaucións a ter en conta. Neste caso, as conferencias serán abertas a toda a veciñanza.
Así mesmo, facilitaránse indicacións de coidados nos pés, tipos de calzado a utilizar...Os participantes tamén se beneficiarán dunha valoración funcional-podolóxica, coas correspondentes recomendacións de exercicios compensatorios precisas para mellorar o rendemento e dinámica corporal.
Por último, o programa contempla o adestramento presencial, que se poderá desenvolver en San Valentín ou Perlío. Dúas sesións semanais en cada punto de encontro (podendo participar nas catro sesións semanais), onde se controlarán os adestramentos, resolveranse dúbidas ou realizarase medición do estado de forma. Ademáis, prevése realizar rutas tanto a pé coma correndo por todas as parroquias de Fene, de modo que toda a xente do programa coñecela aqueles tramos onde poder desenvolver os seus adestramentos.