O Concello leva ao colexio Jorge Juan e ao IES de Fene o programa Cine e Saúde

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello leva ao colexio Jorge Juan e ao IES de Fene o programa Cine e Saúde

No marco do programa Cine e Saúde que promove o Concello de Fene, a través da Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación que dirixe Juana Barro, escolares do colexio Jorge Juan asistiron onte ao pase da película “El camino de vuelta” no que se dá conta da autoestima como factor de protección fronte ao consumo. O cine é o fío conductor deste programa de prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos no eido escolar. Ao abeiro do mesmo, a sesión repetiráse no IES de Fene os días 12 e 13. En total, participarán uns 200 estudantes.“Cine e Saúde” é un programa respaldado pola Consellería de Sanidade que parte de que a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezanpatróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. A través do mesmo, os centros escolares reciben asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o Cinema. Así, mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.
O programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, e ao profesorado que imparte clases nestes niveis. Neste contexto, o visionado dos filmes é unha das súas fases. Ademáis, entréganse as unidades didácticas para traballar na aula
Cada unha desenvolve unha serie de explicacións que, dirixidas polo profesorado, permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e consta dunha serie de exercicios e actividades que facilitan a reflexión e participación do alumnado. Por último, ofértase un curso de formación do profesorado en Prevención de Drogodependencias a través dunha Plataforma de Teleformación en Internet dirixido a todos aqueles profesionais do ensino que estean interesados en ampliar os seus coñecementos no campo da prevención escolar.