Arrinca o obradoiro de radio para nenos que organiza o Concello con todas as prazas cubertas

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Arrinca o obradoiro de radio para nenos que organiza o Concello con todas as prazas cubertas

O obradoiro de radio para nenos de 8 a 12 anos que organiza o Concello de Fene a través da Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa arrancou onte á tarde na Biblioteca con todas as prazas cubertas. Unha participación que a edil valorou moi positivamente, ao tempo que subliñou que o Concello promove a actividade para conmemorar a Semana da Prensa.
O taller, que imparte a xornalista Almudena Marcos, terá continuidade os días 17 e 24 de marzo, entre as 16 e as 19 horas. O seu obxectivo é achegar aos menores ao medio radiofónico mediante o xogo, a investigación e a creatividade sonora, favorecendo nos participantes o desenvolvemento das súas capacidades expresivas, a atención e o traballo en equipo.
No decurso da actividade, os participantes converteránse en productores, redactores e locutores dun programa de radio que xirará sobre o libro e a literatura e que se gravará nas instalacións da emisora municipal Radio Fene na derradeira sesión do obradoiro. De xeito lúdico e fundamentalmente práctico, os nenos aprenderán como é o proceso de conseguir a noticia, facer entrevistas, redactar para o medio radiofónico e editar un programa do que, logo da súa gravación, recibirán unha copia.