O Concello organiza este venres unha nova sesión do programa de ocio educativo In Fene

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello organiza este venres unha nova sesión do programa de ocio educativo In Fene

O Concello de Fene organiza este venres, 13 de marzo, unha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Terá lugar no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos, levará por título “Quérome, non me quero” e incluirá unha xincana de autocoidados e probas de habilidades. A participación é completamente gratuíta.