CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Fene, escenario este sábado das recreacións teatrais de "Historias ao longo do Camiño Inglés"
12-03-2015
Fene será este sábado escenario das recreacións teatrais de “Historias ao longo do Camiño Inglés”, un proxecto da asociación cultural e artística Ti e Máis Eu Teatro no que colabora o Concello, a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco. De feito, a actividade inaugura a programación da II Mostra Turística “Vén a Fene!”. Así, sobre as 11,30 horas do sábado, a veciñanza poderá disfrutar dun pequeno sketch na praza do Concello e, ás 12 horas, dunha das recreacións en Sillobre, xunto ao adro da igrexa parroquial. O edil Juan José Franco lembra que aqueles interesados en participar na viaxe en autocar ata Santiago, trazando o Camiño Inglés, aínda están a tempo de anotarse. O último día é este venres, 13 de marzo, no departamento municipal de Promoción Económica. “Historias ao longo do Camiño Inglés” levará aos participantes, esta fin de semana, a cubrir en autocar as diferentes etapas da ruta. E, dun xeito diferente e co teatro como protagonista, facer o Camiño partindo de Ferrol e con paradas en Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Sigüeiro e Santiago de Compostela.O percorrido realizaráse cun Guía Turístico que irá explicando os aspectos máis salientables do Camiño Inglés e, en diversos puntos como Fene, realizaránse as citadas recreacións teatralizadas, entre outras actividades programadas. O prezo para participar na viaxe oscila entre os 25 e os 75 euros dependendo de factores como a reserva de aloxamento.