O Concello organiza este domingo a Ruta das Lavandeiras en Fene

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello organiza este domingo a Ruta das Lavandeiras en Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, invitou a veciños e veciñas do municipio a participar este domingo, 22 de marzo, na primeira edición da “Ruta das lavandeiras en Fene”. Unha actividade incluída na II Mostra Turística Vén a Fene que organiza a Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco. Principiará ás 11 horas e terá como punto de partida o Lavadoiro Fonte do Campo, en Fene. Nese punto, E grazas á colaboración da Asociación Cultural Ti e Máis Eu Teatro, os asistentes poderán disfrutar dunha sesión de teatro na rúa na que se representará a peza “O Bando dos Lavadoiros”, de Josefa Deibe Pico.
A ruta continuará no Lavadoiro de Cañotas, en Perlío, e no Lavadoiro do Parque de Feal, en Magalofes. Sobre as 13,30 horas haberá un xantar neste punto (e, en caso de mal tempo, celebraráse no local social). Para participar na comida é preciso reservar antes do sábado no departamento municipal de Promoción Económica ou na AVV de Magalofes. O custe é de dez euros, que se deberán abonar o mesmo domingo. Recuperadas as forzas, a ruta organizada polo Concello continuará sobre as 15,30 horas con destino ao Lavadoiro do Parque Bon Xesús, en Barallobre; o Lavadoiro do Río da Pena, en Maniños, e o Lavadoiro de A Pita, en Limodre.
Ao día seguinte, Juan José Franco apunta que o Concello organiza, en colaboración coa AVV San Ramón de Sillobre e a Asociación Cultural Mesturas, a conferencia “Sillobre: Terra de Auga”. Celebraráse no local da entidade veciñal, a partires das 20,30 horas, con entrada libre, e correrá a cargo de María Rivera, que falará de “Os oficios en Sillobre” e Henrique Sanfiz, sobre “Historias e Anécdotas de Sillobre”.