CONCELLERÍA DE ENSINO
O alcalde subscribe un convenio coa directora do CPI A Xunqueira para financiar a viaxe dos escolares ao certame Lego en Tenerife
19-03-2015
O alcalde Fene, Gumersindo Galego, e a directora do CPI A Xunqueira, Isabel Hermida, subscribiron onte á mañá un convenio de colaboración a través do cal o Concello respaldará economicamente a viaxe que o equipo do centro gañador da First Lego realizará a Tenerife, onde se desenvolverá unha nova eliminatoria. Deste xeito, o Concello financiará o desprazamento dos escolares cunha partida de 4.500 euros, facendo posible que os rapaces continúen avanzando no certame, xa que ata a data non contaban con ningún tipo de apoio económico para afrontar os gastos derivados do desprazamento.Dende un primeiro momento, o alcalde mostrou o seu apoio ao centro educativo e, nada máis lle trasladaron a petición de colaboración, iniciou os trámites necesarios para facilitar o acordo que onte asinaba xunto á responsable do CPI.
Os seus alumnos gañaban hai unhas semanas o premio máis relevante da First Lego, celebrada no campus de Esteiro de Ferrol. E facíanno co seu proxecto Xunqueirobot.Nesta liña, o alcalde, que mostrou o seu orgullo porque os estudantes do CPI da Xunqueira leven o nome de Fene por bandeira, quere desexarlles moita sorte neste novo desafío