Fene será escenario o próximo día 27 dun encontro con Ramón Loureiro no epicentro do seu universo vital e literario

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Fene será escenario o próximo día 27 dun encontro con Ramón Loureiro no epicentro do seu universo vital e literario

No transcurso dun acto organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, coa colaboración da editorial Eurisaces, as instalacións do Círculo Mercantil e Industrial de Fene, en San Paio, servirán de marco ao "Encontro con Ramón Loureiro na Terra de Escandoi", que contará coa presencia de representantes do mundo da cultura, e en especial das letras, chegados tanto dende dentro coma de fóra de Galicia, e que incluirá a primeira presentación pública do novo libro do escritor fenés, os seus “Diarios”. O acto, aberto á veciñanza, terá lugar o 27 de marzo, a partires das 20,30 horas.Ramón Loureiro foi elixido Fenés do Ano a proposta das entidades cidadás e culturais do municipio. Un galardón que se concedía por vez primeira, e que o movemento asociativo otorgou como recoñecemento á labor levada a cabo por Loureiro para proxectar as terras, as paisaxes e as xentes de Fene a través da súa literatura.
Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), exerce profesionalmente o periodismo, pero mantén unha relación constante coa literatura que o ten levado a converterse nun dos escritores españois máis recoñecidos pola crítica.
Os seus “Diarios” supoñen un novo hito na súa escritura, un proxecto que Ramón Loureiro afronta tras ter culminado a súa Triloxía do Norte, integrada polas novelas “Las galeras de Normandía”, “León de Bretaña” e “El lejano Reino de la Vía Láctea”.