CONCELLERÍA DE SERVIZOS
Concello e Fenosa executan traballos de desbroce e limpeza nas marxes do río Cádavo
24-03-2015
O alcalde, Gumersindo Galego, informou dos traballos de desbroce e limpeza nas marxes do río Cádavo que o Concello e Unión Fenosa levaron a cabo nas últimas semanas. Máis concretamente, nun tramo duns trescentos metros emprazados entre o camiño do Río de Saa e o parque ubicado baixo os pilares da autoestrada. Uns traballos para os que o Concello de Fene solicitou os pertinentes permisos a Augas de Galicia. A actuación do Concello, que mesmo supervisou o alcalde en compañía do concelleiro de Servizos, Andrés Serantes, concentrouse no entorno do citado parque e zona máis próxima. A mesma tamén contemplou a retirada de dous exemplares de ameneiro que se atopaban secos, co conseguinte perigo para unha vivenda próxima.No caso de Unión Fenosa, a compañía realizou os traballos correspondentes ao contar con torretas na zona.O ámbito de actuación constitúe un área de gran trasego de persoas, nun entorno natural único e privilexiado.