CONCELLERÍA DE SERVIZOS
O Concello pon a disposición do gremio de taxistas unha nova caseta fronte á praza Verde
25-03-2015
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o gremio de taxistas do municipio conta, dende esta semana, cunha nova caseta.O Concello procedía a semana pasada á súa instalación e, o rexidor, acompañado do concelleiro de Servizos, Andrés Serantes, supervisaba o resultado na Avenida Marqués de Figueroa, fronte á praza Verde. Trátase dunha caseta de maiores dimensións respecto á que ata o dagora utilizaban os profesionais do taxi (de 2,10 metros de longo por 1,10 de ancho fronte aos 1,50 por 80 centímetros da anterior), e cun deseño máis acorde co entorno.A nova infraestructura está realizada en aluminio e cristal e, con ela, preténdese facilitar o traballo dos taxistas. O Concello sufragou o seu custe ao 100%. Así mesmo, en todo momento o Concello consensou o novo emprazamento da caseta –a escasos metros da anterior, aínda que nun lugar máis visible- cos propios profesionais.