O Concello ensinará aos rapaces a preparar receitas saudables na sesión deste venres

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello ensinará aos rapaces a preparar receitas saudables na sesión deste venres

O Concello de Fene organiza este venres, 27 de marzo, unha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos  Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Terá lugar no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas.
A través desta sesión, os nenos e nenas de entre 11 e 14 anos aprenderán a realizar receitas saudables e saborosas como brochetas de froitas con chocolate ou pinchos saudables. Así mesmo, organizaráse un concurso de tortillas. A participación é completamente gratuíta.