O alcalde supervisa as obras de aglomerado e saneamento no núcleo de Orra, en Sillobre

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O alcalde supervisa as obras de aglomerado e saneamento no núcleo de Orra, en Sillobre

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, estimou que as obras que o Concello está executando no núcleo de Orra, na parroquia de Sillobre, estarán concluídas na primeira quincena de abril. Acompañado do concelleiro de Servizos, Andrés Serantes, o rexidor cursou visita esta semana á zona e comprobou o bo ritmo dos traballos.
A intervención conta cun orzamento duns 107.000 euros e contempla obras de mellora do pavimento de formigón, moi deteriorado, e traballos de saneamento. Neste caso, e para evitar os continuos atascos detectados na rede polo arrastre de materiais producidos pola choiva, preténdese a separación das redes de saneamento e de pluviais nun treito superior aos 800 metros, así como a reposición de acometidas.
Neste sentido, o alcalde engadiu que a intención do Concello é extender este tipo de actuacións en materia de saneamento a medida que as posibilidades orzamentarias o permitan.