CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O Concello converterá aos máis pequenos en protagonistas de contos
27-03-2015
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que a Biblioteca Municipal acollerá o próximo 7 de abril a actividade cultural “Fotoconto”.A través da mesma, os rapaces e rapazas que tomen parte converteránse en protagonistas dun conto no que as súas fotografías pasarán a ser as ilustracións máis orixinais das respectivas historias. A actividade forma parte do programa “Ler conta moito”, que impulsa a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Fene, e desenvolveráse en horario de tarde, a partires das 18 horas.
Nesta liña, a edil apuntou que as prazas están limitadas a 25, polo que os nenos e nenas que desexen participar deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca ou chamando ao teléfono 981 34 23 02.
Ademáis, lembrou que con motivo da Semana Santa varían os horarios tanto para o Museo do Humor como para a Biblioteca Municipal como a Casa da Cultura. Así, as tres instalacións permanecerán pechadas o sábado 28 e o domingo 29 de marzo. O luns 30, martes 31 e mércores 1 de abril o horario será de 10 a 14,15 horas, namentras que o xoves 2, venres 3, sábado 4 e domingo 5 de abril permanecerán pechadas e, o luns 6, o horario será de 10 a 14,15 horas. A partires do martes 7, incluído, retómase o horario normal. De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21. Os sábados, de 10 a 13 horas.