CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
O Concello abre as portas da Oficina Municipal de Turismo durante a Semana Santa
01-04-2015
O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá da apertura da Oficina Municipal de Turismo durante a Semana Santa. Así, as instalacións abrirán as súas portas este xoves, 2 de abril, ata o próximo domingo, día 5. O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13,30 horas) e tarde (entre as 17 e as 19,30 horas). A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva. Así mesmo, o edil de área engade que veciños e visitantes terán nestas instalacións á súa disposición os programas e guías da II Mostra Turística Vén a Fene”,nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido asociativo. Por último, Juan José Franco apunta que tamén se pon en servizo o seguinte número para consultas: 981 34 40 82.