O Concello acollerá a mostra "Gigantes", na que se repasa a historia da construción dos 38 petroleiros construídos na antiga Astano

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello acollerá a mostra "Gigantes", na que se repasa a historia da construción dos 38 petroleiros construídos na antiga Astano

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o próximo 8 de abril o acto de inauguración da exposición “Gigantes” que, producida pola Fundación Exponav, poderá visitarse ata o próximo día 29 na Casa da Cultura (de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas). A mostra inclúe paneis informativos e maquetas e repasa a historia dos 38 petroleiros construídos na antiga Astano.
Segundo os seus promotores, nesta exposición preténdese recoller dunha forma atractiva o “boom” que significou a construción dos maiores petroleiros do mundo botados dende a agrada. É a época, entre 1964 e 1982, de maior actividade, progreso e empuxe do asteleiro Astano, icono da ría e berce, xunto coa EN Bazán, do maior emporio técnico naval do país.
Entre os anos 1967 e 1983 rexistrouse un pico de actividade histórico no astaleiro, convertíndose nun punto de referencia industrial do país. Nese intervalo de tempo, Astano construiu 38 buques petroleiros, dende os máis pequenos de distribución de 500 TPM para Campsa, ata o maior buque construido en grada inclinada para armador “Gulf Oil Corporation”, de 363000TPM. Unha mostra que agora chega a Fene.