CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
A Deputación financiará o campo de fútbol de herba artificial de última xeración en Maniños
06-04-2015
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou de que Maniños contará cun campo de fútbol de herba artificial de última xeración. E será así sen que o Concello se vexa obrigado a desembolsar un só euro. E é que a Deputación provincial da Coruña, coa que o propio rexidor e a concelleira de área, Rocío Bértoa, iniciaban hai meses conversas en relación a esta demanda, financiará finalmente esta actuación ao 100%. Destinaráse á intervención un total de 380.101,23 euros. Así se acordou a pasada semana en sesión plenaria da institución provincial. E, nos próximos días, o rexidor se trasladará á sede da Deputación para presentar a última documentación solicitada. Trátase do acordo polo que a asociación O Pote de Maniños, titular do campo de fútbol, cede o seu uso e desfrute ao Concello por espazo de 25 anos. Trámite que xa está cumplimentado e, na actualidade, é susceptible dun informe de Secretaría.A actuación contempla a reforma do campo de fútbol de terra de Maniños para convertirlo nun campo de céspede sintético de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7, que permita o seu uso de forma intensiva e simplifique o seu mantenemento. Amáis dese cambio de superficie, os traballos inclúen a dotacióndun sistema de recollida de pluviais do campo, sistema de rego e equipamento con porterías (dúas de fútbol 11 e catro de fútbol 7 de aluminio), dous banquillos con capacidade para oito persoas, de aceiro e metacrilato, banderíns de córner flexibles, barandillas e redes recollebalóns. Tamén se habilitará unha pequena grada descuberta ao fondo do campo. Proximamente, Concello e Deputación asinarán un convenio marco de colaboración para formalizar a aportación da institución provincial. As obras contan cun prazo de execución de tres meses.