O Concello conclúe a construcción dunha rampa de acceso á capilla do cemiterio

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello conclúe a construcción dunha rampa de acceso á capilla do cemiterio

O Concello informou do remate dos traballos de construcción dunha rampa de acceso á capilla do cemiterio municipal. Actuación que operarios iniciaban hai unhas semanas e que concluían o pasado martes cos últimos retoques.
Coa intervención anúlanse parcialmente as escaleiras e habilítase unha rampa en toda a entrada. Precisamente o obxectivo principal da intervención era facilitar a accesibilidade ao recinto, especialmente das persoas maiores e tamén daquelas con problemas de mobilidade.
Concluídos estes traballos, os operarios desplazaránse ata a antiga escola de Chamoso, actual sede da Asociación de Amas de Casa do municipio. Alí tamén construirán unha rampa con idéntica intención, respondendo a unha petición da propia entidade. Neste caso, compatibilizaránse escaleiras e rampa e procederáse á reparación do muro contiguo.