O Concello iniciará nos próximos días as obras de renovación do alcantarillado e saneamento e aglomerado da primeira fase da rúa Gerardo Díaz

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello iniciará nos próximos días as obras de renovación do alcantarillado e saneamento e aglomerado da primeira fase da rúa Gerardo Díaz

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá da adxudicación da primeira fase dos traballos de acondicionamento da rúa Gerardo Díaz.
Unha intervención que comezará nos próximos días cun orzamento de 50.000 euros, dos que 35.000 se financiarán con fondos propios municipais e, os 15.000 restantes, cunha achega concedida pola Deputación provincial da Coruña. E é que a institución provincial daba o seu visto bo ao proxecto presentado pola Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco.
Nesta liña, o rexidor explicou que a intervención levaráse a cabo entre os números 1 e 14 e inclúe traballos de sustitución da rede de alcantarillado e saneamento, moi deterioradas na actualidade, e mellora do firme. Trátase dunha vía ubicada no inicio da etapa do Camiño Inglés que discurre por Fene, polo que está suxeita a certas limitacións por parte de Patrimonio. Limitacións que impediron, por exemplo, aplicar cemento impreso en lugares de formigón, xa que o departamento autonómico impón unha continuidade estética ao longo do trazado.
Así mesmo, Gumersindo Galego tamén avanzou que esta intervención continuará nunha segunda fase para a que o Concello solicitaba tamén fondos da Deputación provincial.
Neste caso, a intervención, de idéntica natureza que a anterior, se prevé levar a cabo entre os números 15 e 37.Nesta liña, o alcalde explica que o Concello optou por acometer en distintas fases a actuación por dous motivos. O primeiro, de carácter orzamentario e, o segundo, evitar que as obras se prolonguen por un espazo de tempo amplo interrumpindo así o tránsito dos peregrinos.