O Concello abre o prazo de inscrición na II Feira de Segunda Man e Troco de Fene

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello abre o prazo de inscrición na II Feira de Segunda Man e Troco de Fene

O concelleiro de Promoción Económica de Fene, Juan José Franco, avanzou a celebración da II Feira de Segunda Man e Troco do municipio. Unha cita que terá lugar o próximo 25 de abril por segundo ano consecutivo, co paseo marítimo de San Valentín como escenario. Alí, baixo carpa e en horario de 11 a 19 horas, congregaránse os postos da feira, na que poden tomar parte tanto particulares como entidades sen ánimo de lucro.
Nesta liña, o edil de área explicou que o Concello abriu este luns, 6 de abril, e ata o día 11 o prazo de inscrición para os residentes en Fene. Para a poboación doutros municipios o periodo para anotarse extenderáse entre o 13 e o 18 de abril (tamén se poderán apuntar neste prazo os residentes en Fene). Nun e noutro caso, deberán cubrir un formulario e entregalo no Rexistro Xeral do Concello. Este trámite afecta a aqueles que participen coa venda de productos de segunda man, xa que o troco queda exento (basta con presentarse na feira). As prazas están limitadas a noventa e concederánse por riguroso orde de inscrición.
O concelleiro explicou que a participación é completamente gratuíta, así como que dende a Concellería de Promoción Económica se facilitará unha mesa de dous por 0,80 metros. De igual xeito, apuntou que queda prohibida a venda de animais e tamén a de productos alimenticios ou caseiros. Neste último caso, coa excepción daqueles que posúan o carné de manipulador de alimentos.