O Concello licita as obras de mellora do camiño que une o cemiterio e Romariz

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello licita as obras de mellora do camiño que une o cemiterio e Romariz

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello vén de sacar a contratación os traballos de acondicionamento do camiño que une o cemiterio municipal e Romariz, na parroquia de Barallobre. Unha actuación orzamentada en 87.870,20 euros, dos que 72.620 euros se financiarán con cargo aos fondos do Plan marco de mellora de camiños rurais de titularidade municipal que promove a Consellería de Medio Rural e do Mar en colaboración coa Deputación provincial da Coruña. E, a cuantía restante, con fondos propios municipais.
A intervención contempla a mellora da capa de rodadura e da seguridade na vía, coa reposición da sinalización horizontal e vertical, así como a limpeza e perfilado das cunetas do camiño. Os traballos realizaránse sobre 1,28 quilómetros de lonxitude, divididos en catro treitos e, segundo as estimacións municipais, poderían dar comezo a finais deste mes ou principios do mes de maio unha vez se complete o proceso de contratación iniciado
Trátase dunha vía moi transitada, fundamentalmente polo feito de que dá acceso directo ao camposanto municipal e, o seu estado de avanzado deterioro, obrigaba a un mantenemento continuo por parte do Concello. Agora, coa actuación actualmente en licitación, daráse unha solución definitiva.